Inda que cada nai é única, hai unha cousa que teñen en común, e é que todas se merecen un viño de calidade. Polo seu sacrificio constante e amor incondicional. Porque o viño non entende de xénero, e moito menos de gustos. En Costeira poderás atopar o seu: branco ou tinto, doce, espumoso…
Para este Día da Nai botámosche unha man coa elección do mellor agasallo e ofrecémosche, do 25 ao 29 de abril, un 15% de desconto nos viños e licores da nosa a web* empregando o código NAI15.
Para a nai máis xovial: Modus Vivendi Mencía
Modus Vivendi Mencía pode ser a elección perfecta para convidar a túa nai a vivir intensamente, sen medo a ser ela mesma! Un coupage de Mencía e Garnacha da D.O. Valdeorras con aromas de bayas vermellas, delicadas, especias e un fondo mineral que nos traslada á expresión do terruño montañoso de Galicia. Ídelo perder neste Día da Nai?
Para a nai máis clásica: Pazo Ribeiro
É das que non cambian as súas costumes? Pazo Ribeiro, o primeiro viño con etiqueta de Galicia, é o teu elexido: Un clásico que non defrauda, fresco, alegre e perfecto para acompañar todo tipo de peixes e aperitivos.
Para a nai máis festiva: Pazo Burbujas
Un espumoso mozo, fresco e evocador dos olores e sabores de Galicia. Pazo Burbujas del Camino pode ser o agasallo perfecto para esas nais ás que lles gusta celebrar por enriba de todas as cousas, ademais de viaxar e de vivir o día a día como unha auténtica aventura.
Para a nai máis doce: Lúa Crema de Licor
Un licor sempre é unha boa opción! O noso Lúa Crema de Licor é o perfecto para tomar con postres ou incluso só. Ideal para esas nais que sempre buscan oco para a sobremesa, sorpréndea coa combinación Costeira máis golosa!
Para a nai más exquisita: Tostado de costeira
Toubes é o buque insignia do noso Pazo de Toubes. Un viño que combina frescura e complexidade grazas a unha crianza sobre lías e ao aporte dunha fermentación en barricas de carballo. Perfecto para o aperitivo deste día tan especial! Poderedes elixir entre peixes salseados, arroces ou carnes brancas para gozalo como se merece.
*A promoción non é válida para Brut Nature e Jamaica Blue Mountain