Denominación de Orixe

Valdeorras

Contorno incomparable con temperaturas ideais para a vide.​

As orixes da D.O. Valdeorras están ligadas á presenza romana polo paso chamado Vía Nova, así coma polos xacementos auríferos da zona. As primeiras referencias á viticultura nas ribeiras do Sil lévannos á figura de Lucio Pompeio, a quen se atribúe a plantación da primeira cepa da rexión alá polo século I d.C.

A rexión destaca tanto pola elaboración de brancos, onde a uva Godello é indubidable protagonista, coma polos seus afamados viños tintos. Para a elaboración destes últimos, a uva Mencía aparece como a variedade máis destacada, se ben combina habitualmente con outras variedades coma o Sousón, a Garnacha ou o Tempranillo.

En Valdeorras, onde as zonas de produción ocupan grande parte das cuncas dos ríos Sil, Xares e Bibei, o factor climático crea unhas condicións especialmente favorables para a vide, gracias ás extraordinarias baixadas de temperatura durante a noite, onde se chegan a rexistrar descensos de ata 28 grados con respecto ao día.

As cepas, asentadas en ladeiras de orientación Norte – Sur, medran sobre chan de esquistos e pizarrosos, nun contorno incomparable marcado polo cauce fluvial e o goberno do maxestuoso Santuario das Ermitas.

Proceso de elaboración da DO Valdeorras

A Colleita

Despois de realizar exhaustivos controis de maduración, realízase a vendima nas distintas parcelas. A colleita lévase a cabo coidadosamente de xeito manual, comezando polos viñedos da ladeira e rematando polos situados nas ribeiras e no val de Valdeorras.

1

A Selección

Recollida a uva na adega, esta é escrupulosamente seleccionada. As partidas son atendidas prioritariamente en función do momento do día no que foron vendimadas, co fin de contar coas mellores condicións de temperatura e realizando coidadosamente a despalillaxe e estruxado.

2

A Fermentación

Unha vez encubadas as uvas, realízase simultáneamente a fermentación e maceración das pastas. Durante o proceso, execútanse remontados abertos polo método clásico de bañeiras, sen recorrer a sistemas automáticos. O momento de sangrado e lixeiro prensado determínase particularmente en cada depósito.

3

A Maduración

A continuación, os viños de Valdeorras realizan a fermentación malotáctica, de xeito dirixido e sen deixar ao azar a súa finalización. O frío nocturno do inverno, propio da zona, encárgase do posterior afinado natural do viño, outorgando todo o seu carácter e personalidade.

4

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0