Experiencias Costeira co mellor Enoturismo de Galicia
Ven gozar dos nosos #MomentosExtraordinarios, agardámoste para que descobras Viña Costeira con varias opcións.
Escolle a que prefiras e fai a túa reserva!

Tipos de experiencias

Orixe do Ribeiro
Esta experiencia inclúe visita ao Pazo de Toubes, paseo polos seus viñedos e finaliza cunha exclusiva cata.

Pícnic entre viñedos
Experimenta un pícnic rodeado de viñedos, degustando marabillosos produtos galegos .

Comida Maridaxe
no Pazo de Toubes
Visita “Experimenta o Extraordinario”, con cata e comida no noso Pazo de Toubes.

Navega Costeira
Coñece un Ribeiro máxico navegando polo Miño e visitando Pazo de Toubes.

O mellor enoturismo de Galicia
Amantes do enoturismo, encántanos recibir visitas!. Por iso, en Viña Costeira poderás:
- Percorrelo interior das nosas instalacións, cunha presentación que inclúe referencias históricas, valores, descrición de viñedos, viños elaborados, variedades de uva e a denominación de orixe Ribeiro.
- Comprobar de preto a elaboración do viño, mediante unha explicación dos diferentes procesos e factores que interveñen na preparación dos nosos viños e licores.
- Degustar o viño na nosa enotenda.
Descobre ademais tódolos nosos eventos
Horario de Eno-Tienda e Adega
O horario da Enotenda na adega Viña Costeira é de 8:30 h a 14:30 h de luns a venres. As visitas realízanse no Pazo de Toubes de luns a sábado ás 11:00 h e ás 13:00 h, e os domingos ás 13:00 h. É necesario realizar reserva previa na web.
Para grupos ou calquer consulta sobre horarios ou visitas extraordinarias que vos poida xurdir, podedes consultarnos directamente a través do email a enoturismo@costeira.es ou no número de teléfono 648 237 385.
Se che interesan as adegas e o enoturismo, ¡agardámoste!
Mentres tanto, podes gozar dun percorrido virtual polos nosos espectaculares viñedos para coñecer de preto o espírito das costeiras.