Será o vindeiro sábado 18 de maio e contará cun programa con música, viño, queixo e literatura
O 17 de maio celébrase cada ano o Día das Letras Galegas e nesta quenda Viña Costeira non quixo desaproveitar a oportunidade de homenaxear a escritores galegos, á vez que estrea un lugar moi especial coma espazo para eventos: a adega de Pazo de Toubes.
A celebración será moi limitada en canto a convidados, polo que recomendamos a tódalas persoas interesadas en asistir, reserven a súa praza canto antes nesta ligazón. O acceso ao recinto será mediante autobuses gratuítos de ida e volta a disposición de todos desde a adega de Viña Costeira (con saída ás 19 h), para facilitala participación a quen desexe asistir sen vehículo propio.
O programa do sábado día 18 de maio comezará ás 20:30h, e incluirá:
- Concerto na adega de Pazo de Toubes do dúo “Soul & Roll”.
- Mesa de queixos.
- Viños e ágape.
- Moitas sorpresas que farán da xornada un día inesquecible.
Lembra: agardámoste na adega Viña Costeira ás 19h para desprazarnos en autobús (tamén incluído), ou ben na adega Pazo de Toubes ás 20:30h. Merca aquí a túa entrada e celebremos xuntos o Día das Letras Galegas 2019.