Reestruturación
Seguindo pasos no proceso de reestruturación que está a levar a cabo Viña Costeira, prodúcese un cambio na dirección da nave coa incorporación de Andrés Rodríguez Gómez como Conselleiro Delegado.
A figura de Andrés Rodríguez dá continuidade á liña estratéxica de Viña Costeira, posto que xa viña desempeñando as funcións de Presidente da Cooperativa, e outorga á empresa un sopro de aire fresco para afrontar os novos retos que se aveciñan.
Cunha ampla traxectoria no sector bancario, a presenza de Andrés como Conselleiro Delegado achegará unha nova visión de negocio á empresa e axudará a afianzar a posición de Viña Costeira dentro do mercado vitivinícola.
¡Moita sorte Andrés! ¡Benvido!