Con motivo da expansión do COVID-19 en Galicia, en Viña Costeira tomamos unha serie de medidas de prevención, co obxectivo de fomentar e reforzar a seguridade e saúde de tódalas persoas.
Coma non podía ser doutro xeito, a máxima prioridade da adega son os traballadores e visitantes, polo que desde hoxe mesmo, 13 de marzo de 2020, e ata novo aviso, cando sexa posible recuperar a normalidade e garantir a seguridade de todos, aplazaranse todo tipo de visitas de enoturismo, así coma o evento “Cata de queixos e Viño”, previsto para o vindeiro venres 20 de marzo.
Por suposto, desde a adega garantimos a completa devolución dos costes aos usuarios se así o desexan, con motivo de ditos aprazamentos.
Reforzo de medidas para evitar a propagación do coronavirus
Ademais, desde a adega estamos implementando medidas de hixiene e prevención entre tódolos traballadores, centradas na contención do contaxio e seguindo os consellos de expertos na materia. Entre elas medidas de protección e hixiene, adoptar medidas de flexibilidade horaria, posibilidade de teletraballo e reorganización de quendas para garantir os procesos da adega.
Próximos pasos
En Viña Costeira seguiremos informando de posibles novedades con respecto a este tema, agardando recuperar a normalidade o antes posible.
Mentres tanto, desexamos unha pronta recuperación aos afectados, e recomendamos a tódolos cidadáns que extremen a precaución e sigan os consellos dos expertos en canto a prevención e hixiene, para poder minimizar o impacto do coronavirus na medida do posible. Neste sentido, a Xunta de Galicia habilitou un teléfono de información para atender posibles dúbidas de cidadáns: 900 400 116.