Spread the love

As espectaculares vistas do Ribeiro e dos seus tres vales foron un dos atractivos máis especiais do primeiro brunch navideño, celebrado o 21 de decembro na Torre da Adega.

O evento serviu de benvida tanto para o inverno como para a época navideña, con tódalas entradas vendidas e un gran ambiente de participación. O brunch, que comezou ás 11h, incluíu unha selección de aperitivos como táboas de queixos, embutidos ibéricos, bocados de salmón afumado, tapas de empanada galega, tortilla, variado de pans, froitas de tempada, bica artesanal, surtido de doces navideños e outros produtos de tempada. 

Ademais, a experiencia gastronómica culminou cunha cata dos tres espumosos de Viña Costeira: Lúa Jazz BrutLúa Costeira, y Lúa Jazz Brut Nature, produtos cuxos beneficios se donan a AFAOR (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense).

O evento incluíu tamén unha visita ao mirador de San Cibrao, con percorrido polo viñedo; e un tour pola adega, na que os participantes puideron descobrir a súa historia e os procesos de elaboración habituais.

Xa está á vosa disposición a galería de imaxes e vídeos do primeiro brunch navideño Viña Costeira. Moitas grazas a todos!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

¿Eres mayor de edad?

Debes ser mayor de 18 años para acceder a este contenido

0