Tostado
Debido á alta demanda o noso Tostado para a época do Nadal, as existencias deste produto premium esgotáronse na nosa tenda online. O Tostado de Costeira mantense como un referente dentro da nosa gama de produtos premium, especialmente valorado pola súa calidade e dificultade de elaboración.
Con todo, a nosa tenda online presenta unha serie de cambios para ofrecer novidades para as datas tan sinaladas que se aproximan. Por unha banda, incluímos dúas novas referencias de estoxos: o “Estoxo Concepto“, no que combinar o noso mencía co clásico Ribeiro; e o “Estoxo Especial Adega“, co que unimos o Colección 68 Treixadura, o mencía e o espumoso Lúa Jazz. Ademais, volvemos ter dispoñibilidade dos estoxos de 3 botellas de Colección 68 en diferentes combinacións, artigo tradicionalmente moi demandado.
Noutro apartado, estreámonos coa venda online de Magnums, poñendo a disposición dos nosos clientes o Magnum de Viña Costeira Ribeiro e o de Colección 68 Treixadura, dando así profundidade á nosa gama de produtos máis vendidos.
Finalmente, desenvolvemos unha serie de artigos de merchandising, que tamén estarán a disposición dos nosos clientes, dende polos (de muller e home) e abridores personalizados, ata diferentes modelos de cubiteras.
Desde Viña Costeira esperamos que as novas propostas sexan de voso agrado e que as gocedes tanto como nós, mentres seguimos traballando en futuras novidades.