Cada agosto celébrase a Noite das Perseidas, tamén coñecida como Bágoas de San Lorenzo. As Perseidas son os restos deixados polo cometa 109P/Swift-Tuttle, provocando unha choiva de estrelas máxica.
Para gozar desta noite inesquecible, en Viña Costeira celebramos a segunda edición da “Noite das Perseidas” o 9 de agosto ás 20h na nosa Adega e viñedos. O evento contará con:
- Visita guiada pola adega, na que coñecer e profundizar na elaboración dos viños Viña Costeira e experimentar o seu sabor único.
- Cea no viñedo de San Cibrao á luz da lúa para gozar da gastronomía galega e os viños da Mellor Adega de España.
- Música en directo como banda sonora desta experiencia exclusiva.
- Observación das estrelas fugaces guiada por un grupo de astrónomos experto para non perder detalle e vivir este acontecemento único.
CANDO
Xoves 9 de agosto
20:00h
ONDE
Adegas Viña Costeira
Ribadavia
32415 Val de Pereira, Ourense
A “Noite das Perseidas” converteuse nun referente do ocio e o enoturismo en Galicia durante o mes de agosto. Unha noite inesquecible na que admirar e gozar das Perseidas con aforo limitado. ¡Compra xa a túa entrada online!
Ven e… ¡pide o teu desexo!