Spread the love
Aínda que calquera día é perfecto para amosar os sentimentos polo próximo, febreiro é o mes do amor por excelencia. Por elo, Viña Costeira organiza para os días 14, 15 e 16 de febreiro unha iniciativa que vos vai encantar: “Amor nas alturas.

Con prazas limitadas (a seis parellas por día), a acción será moi completa, incluíndo unha cata moi especial acompañada das mellores vistas, flores e música ambiental.

O lugar de celebración ofrecerá unha perspectiva do máis privilexiada. A torre da adega (con accesibilidade limitada a eventos especiais coma este), permitirá contemplar os tres vales do Ribeiro mentres gozades dunha cata e maridaxe especialmente pensados para a ocasión.

Acada o teu pack eiquí, prazas limitadas!

Concretamente, o pack de cata e maridaxe “Amor nas alturas” inclúe:

  • Viño branco Toubes con queixo curado.
  • Viño tinto Codos de Larouco Mencía con xamón ibérico.
  • Escumoso con fresas bañadas en chocolate.
  • Tostado de Costeira cun variado de chocolate con leite.

Se xa se che fai a boca auga, e aínda non sabes como sorprender á túa parella en San Valentín, reserva eiquí o teu pack por 20 euros por persoa, antes de que se agoten.

A continuación tes máis información, por se queres coñecer un pouco máis sobre os viños Costeira que gozaredes na cata, ou por se quedas con gañas de máis despois da vosa cita tan especial:

Viño Toubes

Viño branco de aroma expresivo, maduro e complexo, cunha gran riqueza en boca, sedoso e de elevada persistencia. De uva treixadura, albariño e loureira, a súa temperatura ideal de servizo é de 9ºC. Peixes, arroces e carnes brancas son o seu acompañamento perfecto.

Viño Codos de Larouco Mencía

Viño tinto cunha potente complexidade en nariz e harmonía de froitas maduras, con toques de menta e notas de romero e mel. Gran acompañante de guisos e carnes de caza, embutidos curados, cocidos e platos tradicionais. Temperatura ideal: 19-21ºC. ¡Próbao eiquí!

Viño Escumoso Lua Jazz Brut

O viño escumoso Lua Jazz Brut ten un aroma complexo a froita madura, con notas de pastelería e lías finas. É equilibrado, saboroso, con burbulla explosiva e alegre. Cunha temperatura ideal de 9ºC, é moi versátil, encaixando desde o aperitivo ao brinde final.

Tostado de Costeira

Viño doce cun aroma intenso a froita pasificada e meles, excelentemente equilibrado en boca entre dozura e acidez. Xenial tanto como aperitivo con froitos secos, coma copa de sobremesa, só ou combinando con postres.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0