O 19 de marzo (día do Pai) xa está aquí, e por elo, decidimos aplicar un desconto dun 15% de produtos seleccionados, entre o día 11 e o propio día 19. Sorpréndeo e comparte con el ese tempo en confianza que nunca sobra.
A selección inclúe unha gran variedade, para que escollas a que máis poida apetecer ao teu pai no seu día: viño tinto, viño branco, tostado, licor… A continuación contámosche as principais características de cada un deles para que atopes o ideal para el:
Viños brancos: Colección 68 Barrica e Toubes
Se sodes máis de brancos, presentámosvos dúas opcións ideais:
O Colección 68 Barrica ten un aroma intenso, no que se conxugan notas de froita madura cun fondo de carballo moi fino. Grazas á súa potencia en boca, harmoniza moi ben con carnes e peixes salseados. Outra boa opción é degustalo con foie, onde descubrirás a súa ampla gama de matices. Aquí podes probalo.
Pola súa banda, o viño branco Toubes presenta gran riqueza en boca,
sendo sedoso e de elevada persistencia. Con uva treixadura, albariño e loureira, é moi recomendable en peixes, arroces e carnes brancas.
Codos de Larouco Mencía: un tinto gran acompañante de guisos e carnes de caza
O viño tinto Codos de Larouco Mencía é moi potente en nariz, con harmonía de froitas maduras, toques de menta e notas de romero e mel. Perfecto para guisos, carnes de caza, embutidos curados, cocidos e pratos tradicionais. Aquí o tes!
Tostado de Costeira: naturalmente doce
O Tostado de Costeira ten un aroma intenso a froita pasificada e meles, con delicadas notas de pastelería. Despois de ser vendimado cunha gran delicadeza, o mosto fermenta lentamente durante o inverno en pequenas barricas de carballo francés.
Se ao teu pai lle gustan os aperitivos e sobremesas, vai de marabilla con froitos secos e tamén como copa de sobremesa (con ou sen postres).
Licor café Lua: harmonía perfecta entre oruxo de Galicia e café de Xamaica.
Coma licor, recomendamos nesta selección o licor café Lua Xamaica Blue Mountain, elaborado cun dos mellores cafés do mundo e cuxo sabor intenso e envolvente encaixa á perfección con calquera doce. Sodes de longas conversas? Entón non dubides máis: pídeo online.
Como ves, podes escoller entre unha grande variedade e aproveitar o 15% de desconto entre o 11 e o 19 de marzo. Ti decides cal podería facerlle máis ilusión, celebra o día do Pai como se merece!