Spread the love

Os mellores viños Costeira irán da man da irresistible música en directo, en salas de concertos de referencia en Galicia e Asturias

Comeza outono, unha estación perfecta para gozar do mellor viño Costeira, compartindo momentos extraordinarios que poñan melodía a esas horas do día máis grises, nas que buscamos tranquilidades. Volta, para facer as delicias dos nosos seguidores máis melómanos, o Ciclo de Momentos Extraordinarios Costeira, con seis citas imperdibles para amenizar os próximos tres meses.

Primeira parada en Oviedo, ¡con Ricardo Lezón!

O cantante, letrista e compositor de McEnroe, Ricardo Lezón, debuta en solitario tras seis álbumes coa súa icónica banda. “Esperanza” contén poesía, melodías cos seus personalísimos rasgos e por suposto, a delicadeza que sempre o caracterizou. “Manuel”, “Arena y Romero” e “Chet Baker” agárdate, en formato acústico, na Salvaxe de Oviedo, este venres día 21 ás 21:30h. Consigue aquí a túa entrada.

Marem Ladson regresa aos seus orixes

“Poucas veces atopas alguen tan mozo que irrumpe no panorama nacional con esa facilidade compositiva, con matices cos que brillar con luz propia”. O medio especializado “Mondo Sonoro”, describe así a irrupción da que xa é unha das grandes revelacións musicais de 2018.

Despois de pasar por festivais como o Dcode, o Vida Festival ou o FIB, Marem regresa ao Auditorio Municipal da súa cidade a amosar que con 21 anos pódese reflexar unha madurez musical sobresaínte. Merca a túa entrada para o concerto do próximo 29 de setembro, que ofrecerá coa súa habitual banda (con destacados membros coma o cantautor e produtor Brian Hunt).

ciclo

Próximas citas musicais, entre outubro e decembro 

Xa en outubro, a psicodelia chegará á Sala Radar de Vigo procedente de Brasil. Será o día 26 a partir das 21h, nun directo ao que Boogarins chega co seu último disco, “Manual”, elaborado despois da súa xira mundial de máis de 70 concertos.

¡Novidade! Acompañaremos a “Eladio y los seres queridos” en tres citas en Galicia

Ademais, dentro do Ciclo de Momentos Extraordinarios, Viña Costeira acompañará ao grupo indie pop “Eladio y los seres queridos” en tres concertos en Galicia durante o mes de outubro. Toma nota: 19 de outubro no Barco de Valdeorras (Sala Baranda), 26 de outubro en Melide (Afundación) e 27 de outubro en Santiago de Compostela (Sala Moon). Escolle a cita que mellor te veña e acompáñanos a gozar do seu directazo.

O baixista dos Inimigos, Fino Oyonarte, amenizará o vermú en Lugo 

A sala Ho! Gruf de Lugo será testigo o 11 de novembro do directo do líder dos grupos Clovis e Los Eterno, ademais do baixista dos Inimigos durante casi tres décadas, Fino Oyonarte.

A súa nova aventura é “Soños e Tormentas”, un disco en solitario que sorprende pola súa sinxeleza, frescura e efervescencia. Apúntate a un vermú con Costeira regalando aos teus oídos o primeiro disco en solitario de Fino Oyonarte.

Para pechar as citas do mes de novembro, o cantante e compositor nacido en Luanda, Chalo Correira, conecta coas súas raíces interpretando música de carácter tradicional e urbanja. Músico tremendamente versátil, levou a súa portentosa voz e a súa inseparable harmónica ao longo de toda Europa. Goza do seu directo no Garufa Club de A Coruña, o día 29 de novembro a partir das 21h.

A mellor despedida do outono, na Sala El Pueblo de Ourense con El Petit de Cal Eril

Rematada a súa xira de “La força”, no Primavera Sound de Barcelona, El Petit de Cal Eril volta cun novo disco, que en realidade son tres: un disco triangular que presentarán na Sala El Pueblo de Ourense, o 13 de decembro a partir das 21h. ¿Apúntaste ao baile?

Como vedes, este outono vén cheo de boa música en directo, ideal para saborear os mellores viños Costeira. Agardamos que gocedes ao máximo do ciclo. ¡Vémonos nas mellores salas de Galicia e Asturias!

cartel ciclo

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0

load wp-blog-header.php