Dous dos nosos produtos máis solicitados están de novo na nosa tenda online.
Os amantes dos viños de barrica y dos licores están de noraboa. Despois dun tempo esgotados, están dispoñibles unha vez máis na nosa tenda online dous dos nosos produtos máis demandados polo público nos derradeiros meses, o Colección 68 de Barrica e o Lua Jamaica Blue Mountain.
o Noso Colección 68 de Barrica converteuse nun dos viños con máis recoñecemento da nosa adega. Cunha ampla gama de matices,a súa fermentación durante 4 meses en barrica bordelesa de carballo francés outórgalle un atractivo particular que lle fai ser un dos viños máis solicitados.
Por outra banda, o Lua Jamaica Blue Mountain , coa súa exitosa combinación de Bagazo autóctono e o café de Xamaica, proporciona un sabor e aroma ideal para as longas sobremesas do verán.