Spread the love

Excelente resultado dos nosos viños neste prestixioso certame internacional.

Grandes novas dende Londres. Os nosos dous viños a concurso, Colección 68 e Viña Costeira, alzáronse coas medallas de prata e bronce respectivamente na segunda volta do International Wine Challange, situándose de novo na élite dos viños brancos de Galicia.

O premio supón un notable recoñecemento, ó tratarse dun dos máis célebres galardóns a nivel internacional, avalado polo World Ranking of Wines and Spirits (WRW), a organización mundial que acredita e puntúa a categoría dos concursos dedicados ao viño.

O certame londinense, que foi creado no ano 1984 e que conta polo tanto con máis de trinta años de historia, comezou como unha degustación reducida a menos de 50 viños. Na actualidade, xa consolidado como referencia desta clase de competicións, reúne a un total de 50 países e un alto número de competidores, o que acrecenta o prestixio e o valor das súas mencións.

O xurado que elixe aos gañadores se compón de grandes expertos internacionais: enólogos, escritores, educadores, consultores, comunicadores e xuíces de viños, que ofrecen unha completa e variada amalgama de perspectivas ao concurso co fin de favorecer o rigor das decisións.

Podes consultar a lista dos premiados galegos aquí.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0