Spread the love

Novo recoñecemento para a Adega Viña Costeira, neste caso para o Colección 68, un dos seus viños brancos máis elegantes que naceu coma homenaxe aos socios fundadores da adega en 1968.

O pasado mes de xullo celebrábase en Berlín un dos concursos de viño con máis arraigo en Europa, o Berliner Wein Trophy, onde viños de multitude de países competían por ser galardonados ante un panel de expertos catadores.

Este concurso conta cunha especial relevancia, ao ser organizado en colaboración coa “Organización Internacional da Viña e o viño (OIV)”, garantindo unha competición xusta e extremadamente controlada, e premiando aos viños que realmente merece a pena descubrir. En total, os 190 membros do xurado cataron máis de 6.000 viños de todo o mundo, valorando principalmente a elaboración e calidade dos viños presentados.

Nesta ocasión, Viña Costeira presentaba a concurso o seu emblemático viño branco Colección 68 Treixadura 2017, de aroma intenso e gran froitosidade, que coa súa complexidade e elegancia foi premiado cunha medalla de ouro polo xurado.

Este novo premio chega como aliciente e gran ledicia previa á tempada de vendima, dando continuidade ao carrusel de boas novas que acompaña á adega ribadaviense nos últimos meses, nos que se proclaman Mellor Adega de España, cumprindo 50 anos coma un dos referentes enoturísticos de Galicia.

Proba o gañador da medalla de ouro, o viño Colección 68 aquí e a gozar!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0