Nadal,
Mentres esperamos o Nadal, a nosa adega comeza a recibir boas noticias e a recoller os froitos do traballo de todo o ano en forma de premios.
Neste caso trátase de dous premios na Tranche 1 do prestixioso IWC de Londres 2017, no que o noso Colección 68 Treixadura 2015 recibiu unha medalla de bronce, mentres que o Viña Costeira Mencía 2015, na súa primeira participación, conseguiu unha medalla de prata.
Sen dúbida trátase dun recoñecemento ao esforzo e ao traballo do equipo de Viña Costeira no desenvolvemento de novos produtos e no constante coidado e mimo co que tratamos aos nosos viños de referencia.
A obtención destes galardóns non fai máis que reforzar a nosa visión do que queremos ser como adega e cargarnos de optimismo para seguir traballando na procura de novos horizontes e retos.