Spread the love

Gozar dunha copa de Colección 68 en Ourense, Vigo, A Coruña, Ordes, Muros e Carnota ten premio. A Adega Viña Costeira puxo en marcha unha novidosa iniciativa denominada “I Ruta Momentos Extraordinarios”, na que participan máis de 150 establecementos hosteleiros de Galicia

Participar na acción é moi doado: os establecementos entregarán un cartón a todas aquelas persoas que soliciten unha copa de Colección 68. Xuntando 10 selos nun mínimo de 3 establecementos adheridos, os participantes recibirán unha botella de Colección 68 de regalo, canxeable en calquera establecemento da ruta.

Viño e termalismo, unidos por Colección 68

Ademais, todas aquelas persoas que entreguen o seu cartón cuberto, participarán no sorteo dunha fin de semana no espectacular Balneario de Laias, onde poderán gozar da paz e tranquilidade que ofrece o recinto e o seu entorno. Durante a fin de semana, coñecerán as instalacións da Adega Viña Costeira, recentemente recoñecida como a Mellor Adega de España nos Premios Verema.

Máis de 150 establecementos de Galicia participantes

A nova iniciativa, enmarcada no conxunto de accións que Viña Costeira ten previsto ao longo do ano 2018 para celebrar o seu 50 aniversario, obtivo unha xenial acollida por parte do sector hosteleiro. En total, 123 establecementos de Ourense, A Coruña e Vigo participan na I Ruta Momentos Extraordinarios ata o 6 de maio. Consulta aquí o listado completo de establecementos adheridos e un mapa no que atoparás os teus próximos destinos para gozar dunha copa de Colección 68 con premio, en cada unha das cidades participantes: Ourense, Vigo y A Coruña.

Ampliación a Ordes, Muros y Carnota

Ademais, como novidade, Ordes, Muros e Carnota apuntáronse á iniciativa, con máis de 50 establecementos adheridos. Neste caso, a acción estará en vigor entre o 27 de abril e o 27 de maio. Listado de establecementos: Ordes e Muros y Carnota.

Colección 68: maridaxe perfecta con pescados, mariscos e carnes brancas

Cun 85% de uva Treixadura, un 10% Albariño e un 5% Godello, Colección 68 é un viño perfecto para gozar con todo tipo de pescados e mariscos, amosando incluso unha boa maridaxe con carnes brancas. Por iso, coa Ruta Momentos Extraordinarios poderás combinalo coa diversa oferta gastronómica dos centros hosteleiros participantes.

Lembra, a acción durará ata o próximo 6 de maio. Ata entón, xunta os teus 10 selos, goza deste viño tan especial coa mellor compañía, e a polos premios!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0