Spread the love

O fin da vendima en Viña Costeira celebrouse o sábado 28 de setembro no Pazo de Toubes coa primeira edición de COSTEIRA SONORA, a nova aposta da adega pola maridaxe entre viños e música.

O Pazo de Toubes abría as súas portas ás 17h da tarde, con pinchada de DJAKE para amenizar a chegada dos primeiros asistentes. A continuación, a revelación do soul nacional, María Yfeu, ofrecía o primeiro concerto da xornada no lagar do Pazo. Seguiuna a proposta de texturas envolventes da portuguesa Surma, que deu paso ás Chillers, co seu formato de verbena revisitada. Uniformadas con camisetas do evento, puxeron patas arriba ao público no escenario grande.

Tras madrileñas, o público aproveitou a segunda pinchada de DJAKe para facer parada na zona gastronómica do evento, cunha ampla oferta de picoteo salgado, doce e opcións para veganos, para repor forzars para a recta final do festival.

Cos cabezas de cartel, o recinto rozou o aforo completo. El Meister e Ángel Stanich, célebres barbudos do panorama indie nacional conseguiron prender a noite definitivamente, que se pechou co broche de ouro de EME DJ aos platos, que mantivo o ambiente ata preto das 3 da madrugada, completando as dez horas de música ininterrumpida.

Desde a adega valoran coma “moi satisfactoria” esta primeira edición de COSTEIRA SONORA, e xa avanzan que haberá unha segunda en 2020.

Aquí tes algunha das mellores imaxes e o video do evento. Para acceder á galería completa, esta é a ligazón!. 

Flickr Album Gallery Powered By:

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0

load wp-blog-header.php