Spread the love

Valladolid celebrou o pasado 12 e 13 de febrero a primeira edición de FINE, a Feira Internacional de Enoturismo. O evento, que contou cunha excelente acollida de participantes e visitantes, tivo como protagonistas a un centenar de adegas, empresas e particulares vinculados ao sector procedentes de ata 15 países.

En Viña Costeira, como non podía ser doutro xeito, contamos cun papel destacado no proxecto castelán leonés, dando a coñecer as bondades dos nosos produtos e experiencias. O contorno, a cantidade de recursos e as diferentes actividades que poden levarse a cabo no Ribeiro son, segundo a responsable de enoturismo da adega Noelia González, os principais atractivos da comarca galega.

Cal é o obxectivo de acudir á Feira Internacional de Enoturismo celebrada en Valladolid?

Desde Viña Costeira cremos que é moi importante dar a coñecer as actividades de enoturismo que levamos a cabo; non so as visitas á adega, tamén a posibilidade de comer no noso Pazo de Toubes e a celebración de eventos.

Como valoras a asistencia de Viña Costeira este evento xa concluído?

A experiencia foi moi positiva, xa que démonos a coñecer a operadores internacionais.

Que producto/servizo da adega exposto espertou maior interese entre o público? Por que?

Ensinamos as nosas diferentes visitas ou experiencias, desde visitas á adega e ao viñedo, catas en lugares atractivos ou a posibilidade de comer no Pazo de Toubes, edificado en 1742 e totalmente rehabilitado a día de hoxe.

 

“O enoturismo está nun momento de crecemento”

 

Como describirías a situación actual do enoturismo a nivel global?

O enoturismo atópase nun momento de crecemento. Aínda que falta un longo camiño por percorrer, conta con infinidade de posibilidades que o turista cada vez valora máis. O interese por coñecer zonas enolóxicas atópase en aumento e que mellor que facelo na comarca do Ribeiro, Denominación de Orixe máis antiga de Galicia.

FINE trátase da primeira feria adicada ao enoturismo en España. Cal é o futuro deste tipo de turismo en Galicia? Que aspectos necesitan especial atención?

Temos moito que prender doutras zonas enolóxicas moito máis aproveitadas de cara ao turismo. Galicia ten unha cantidade de recursos marabillosos e quizáis o Ribeiro sexa o gran descoñecido. Cargado de tradición, cultura, patrimonio, historia e, sobre todo, viticultura e termalismo. Quédanos moito traballo por facer e o primeiro debe ser converter ao Ribeiro no destino ideal. Cando viaxamos e damos a coñecer os nosos eventos, a xente quédase abraiada co bonita que é a zona. É iso o que temos que potenciar.

¿Que elemento diferencial ofrece Viña Costeira ao visitante?

Viña Costeira aposta moi forte polo enoturismo, pois temos un enclave indiscutible. Desde un dos nosos viñedos visitables pódense observar os tres vais do Ribeiro, unha paisaxe sen dúbida incomparable. Intentamos ser verdadeiros anfitrións da nosa adega. Contamos a historia deses viticultores que iniciaron esta andanza alá polo ano 1968 coma se fose parte da nosa vida, tratando que o visitante viva unha experiencia en toda regla.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

¿Eres mayor de edad?

Debes ser mayor de 18 años para acceder a este contenido

0