O formato coas tres variedades de Colección 68 esgotouse ante a crecente demanda que experimentamos deste estoxo. Esta selección de Ribeiros únicos foi un dos produtos estrela da nosa tenda online ao longo deste verán que termina, chegando a superar as expectativas de venda iniciais e esgotando as existencias do estoxo ata as próximas semanas.
Con todo, calquera das variedades de Colección 68 pode adquirirse de maneira individual nos diferentes estoxos e caixas que temos a disposición dos nosos clientes na tenda online.
Tanto o Colección 68 Treixadura, como o Albariño e o Treixadura fermentado en barrica son uns dos nosos produtos máis elaborados, unha serie de Ribeiros para gourmets que presentados nun estoxo conxunto achegan un valor engadido de texturas e sabores diferentes.