Spread the love

As pontes e festividades están para aproveitalas ao máximo e poder gozar duns días de relaxación, lonxe de toda preocupación, coñecendo novos destinos e desfrutando de experiencias marabillosas. As festividades de Semana Santa son a ocasión perfecta, polo que poñémoscho doado e ofrecemos a posibilidade de facer un “todo en un”, totalmente ao teu gusto.

Ti decides como combinar as túas experiencias: gastronomía, termalismo, visitas turísticas… incluíndo por suposto unha visita á recentemente nomeada Mellor Adega de España: Viña Costeira. Celebra o noso 50 aniversario con nós!

Aquí tes todos os detalles de cada un dos packs e ligazón para reservar o teu favorito, dende 44,90 euros:

1.Visita á Mellor Adega de España e ao Centro Histórico de Ribadavia, a capital do viño de Galicia: este pack inclúe unha visita guiada polo centro histórico de Ribadavia, visita Premium aos viñedos propios e á Adega Viña Costeira con cata guiada. Ademais, comida nun restaurante de Ribadavia.

2.Visita á Mellor Adega de España, SPA e Termalismo: esta opción inclúe visita Premium aos viñedos propios e á Adega Viña Costeira con cata guiada. Ademais, comida e acceso á Piscina Termal no Balneario de Caldaria.

3.Visita á Mellor Adega de España e Historia do Ribeiro: este pack inclúe unha noite de aloxamento e almorzo no Hotel Pazo de Esposende, visita Premium aos viñedos propios e á Adega Viña Costeira con cata guiada. Ademais, comida en restaurante e visita guiada polo centro histórico de Ribadavia.

Como ves, as tres opcións teñen o seu encanto e atractivo. Escolle a que mellor se adapte a ti e/ou a túa compaña, e comeza a conta atrás para as túas desexadas e merecidas vacacións cheas de gastronomía, turismo, relax e o viño da Mellor Adega de España. Agardámoste!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0