Sesións Costeira
O pasado xoves deu o pistoletazo de saída o novo proxecto da nosa adega: as Sesións Costeira. O bar Trampitán da praza Maior de Ourense foi o encargado de acoller este evento musical que contou cun participativo e numeroso público, gozando do show dos ourensáns Soul and Roll.
Grandes clásicos do pop e do rock de todas as épocas, con pinceladas de temas soul e composicións propias da banda, amenizaron unha tarde-noite na que a calor deu un respiro e permitiu gozar dunha agradable velada musical ao aire libre co acompañamento dos viños de Viña Costeira.
O proxecto Sesións Costeira empeza e faio pisando forte, como unha maneira diferente de combinar música,amigos e viño, e buscando ese momento no que gozar dunha experiencia única. Compartir vivencias e momentos agradables que che leven a casa cun sorriso é o eixo sobre o que virarán as Sesións Costeira.