FEVINO en Ferrol e Verema Marbella
Os próximos días 3 e 4 de abril serán de moita actividade para Viña Costeira, xa que estará presente en dous eventos de relevancia para o mundo vitivinícola: FEVINO en Ferrol e Verema Marbella.
Nesta ruta de punta a punta da Península, a adega terá representación o día 3 de abril no Evento Verema de Marbella, cunha nova parada do calendario Verema, que nesta ocasión aterra en terras andaluzas para levar a unha nova cidade esta singular experiencia enológica para profesionais e amantes do viño.
Viña Costeira complementará a súa presenza en Marbella coa participación durante o 3 e 4 de abril na décima edición de FEVINO, o salón profesional do viño de Ferrol, un evento dirixido exclusivamente a profesionais e que se erixe como un referente no noroeste español ao contar coa participación de preto de 200 adegas.
Tanto en Verema Marbella con en FEVINO, a gran novidade será a presentación do novo proxecto de adega “Premium” de Viña Costeira: Pazo de Toubes. Un proxecto que nace coa súa base na adega dun pazo do século XVIII, desde a que se comercializarán viños premium de autor, cun selecto proceso de elaboración e unha coidada posta en escena.
Pazo de Toubes aspira a introducirse cos seus viños entre os máis relevantes do mercado de alta gama, coa intención de converterse nun dos seus referentes e reflectir a capacidade de innovación e desenvolvemento de Viña Costeira.