Spread the love

Vendima 2016

O período de vendima 2016 está vivindo esta semana as súas últimas horas tanto no Ribeiro como en Valdeorras. Unhas duras semanas de colleita de uva que comezaron a mediados de setembro e estendéronse durante as últimas tres semanas cunhas condicións meteorolóxicas cambiantes, manifestándose esa inestabilidade especialmente durante as choivas dos primeiros días de vendima que deron paso a xornadas de calor case estival.

Temos que salientar que as continuadas choivas dos 6 primeiros meses do ano influíron de maneira determinante na floración de todas as variedades, xa que se produciron precipitacións de maneira constante ata ben entrado o mes de Xuño. Con todo, o traballo do equipo de viticultura, unido ao esmero e coidado dos socios nas súas viñas, conseguiu que as uvas recollidas na adega presentasen un óptimo estado sanitario e unha gradación adecuada para a elaboración dos nosos viños.

Agora iníciase o período de caída da folla e repouso vexetativo da vide, necesario para darlle o descanso suficiente que nos permita en setembro de 2017 recoller de novo o froito do noso traballo na viña durante todo o ano. Un traballo cheo de mimo e agarimo, co obxectivo de conseguir uvas da mellor calidade para transmitir nos nosos viños o espírito de Viña Costeira.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0