Semana Santa 2017
Durante esta Semana Santa 2017, Viña Costeira complementará a oferta turística da comarca do Ribeiro abrindo as súas portas para visitas, dispoñendo no catálogo de actividades enoturísticas de visitas a viñedo, rutas pola adega e cata dos produtos elaborados na cooperativa.
O departamento de enoturismo contará cun horario de visitas e degustacións centralizado ás 12:00 horas do mediodía, no que se poderá percorrer os recunchos da nosa adega, visitar os nosos marabillosos viñedos e coñecer o proceso de elaboración do viño, terminando o percorrido cunha cata dos nosos produtos. Ademais das visitas de enoturismo, a adega permanecerá aberta de 10:00 a 14:00 para venda de viño e atención a visitantes.
Para información e reservas sobre as actividades de Semana Santa, os teléfonos de contacto son o 988 477 210 e o 648 237 385, podendo escribir tamén ao correo electrónico informacion@costeira.es.
!Esperámosvos!