Spread the love

Viña Costeira

Viña Costeira iniciará o vindeiro venres 25 de Agosto a súa vendima coa recollida de uva para a elaboración do seu histórico Tostado de Costeira, que este ano, debido á meteoroloxía, adiantouse uns días respecto ao 2016.

Tradicionalmente, os primeiros días de vendima colléitanse os acios seleccionados para a elaboración deste viño tan exclusivo, que se transportan en caixas especiais favorecendo así a súa conservación e garantindo o máximo coidado para respectar a receita tradicional da súa elaboración.

Tras un 2016 no que, por mor das condicións climatolóxicas non se puido elaborar, o Tostado volverá pasar este ano polo seu proceso 100% natural, que inclúe un período de pasificación da uva durante un mínimo de 3 meses, necesario para que a auga se evapore a través da pel, en penumbra e sen modificar externamente as condicións de temperatura e/ou humidade, dando como resultado esta xoia da enoloxía.

Tras esta selección especial para o Tostado, Viña Costeira continuará coa vendima global das súas viñas propias e tamén coas dos seus socios durante as próximas semanas, para elaborar os viños da anada 2017, que verá a luz o próximo ano como referencia dun acontecemento histórico: o 50 aniversario da Cooperativa en 2018

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0

load wp-blog-header.php