desde Madrid a Tenerife
A próxima semana, Viña Costeira iniciará unha ruta que nos levará desde Madrid a Tenerife, facendo parada en dous dos eventos profesionais máis representativos do mundo do viño e coincidentes en data: a Experiencia Verema de Madrid e o Salón Selección Peñín Tenerife, ambos o luns 5 de Xuño.
En primeiro lugar, desprazarémonos a Madrid para participar na 5º edición da Experiencia Verema Madrid, que levará a cabo no Hotel The Westin Palace. Un evento no que participan máis de 50 adegas, e no que presentaremos as nosas novidades de 2016, ademais do proxecto Pazo de Toubes, contando cunha cata exclusiva dos nosos produtos.
Ese mesmo día, o noso equipo tamén estará presente na primeira edición do Salón Selección Tenerife, da Guía Peñín. Un evento que se celebrará no Iberostar Grand Hotel Mencey, e que selecciona os mellores viños de España (90 puntos ou máis nesta guía) e os viños coa mellor relación calidade-prezo (3, 4 ó 5 estrelas).
Esta programación de eventos, dá continuidade ás accións de promoción que a nosa adega vén facendo con regularidade neste 2017, e que seguirán desenvolvéndose nos meses vindeiros.