Spread the love

Trala recente incorporación do Tamborá Godello ao portfolio de viños de Viña Costeira, é a quenda dun novo mencía, pertencente á gama Pazo de Toubes.

O lema do Modus Vivendi Mencía, recollido na etiqueta da botella, consiste en “Vivir intensamente, como a heroica mencía nos bancales de Galicia”. Ben é certo que este viño, lixeiro en boca, sedoso, ben estruturado e equilibrado, presenta sensacións de mineralidade, evocando aos solos pizarrosos de onde procede, as lareiras da ribeira do Sil e do Bibei.

Notas de cata do novo viño tinto Modus Vivendi Mencía

De cor vermella viva, ton púrpura e irisacións violáceas, é un viño de lágrima consistente, presentando aromas de baias vermellas e delicadas especias e un postgusto agradable e intenso.

Elaborado con uva mencía nun 85% e garnacha tintureira de cepas vellas nun 15%, vendímase manualmente en caixas, con selección de racimos en mesa, estruxado e despalixado respectuoso coa uva. A súa fermentación está dirixida a 25ºC con maceracións suaves e prensado a moi baixa presión.

Maridaxe: tapas elaboradas, pastas italianas ou carnes brancas

O Modus Vivendi Mencía, cuxa temperatura de servizo ideal é de 18ºC, é moi versátil para acompañar tapas moi elaboradas, pastas italianas, risottos, carnes vermellas e embutidos especiais. Ademais, marida moi ben con entremeses fríos e delicias de foi, así coma carnes acompañadas de salsas con base de pementos ou lácteos.

Prezo especial de lanzamento, cun 15% de desconto

Actualmente este viño xa se pode adquirir online, en caixas de seis botellas e cun prezo especial de lanzamento que aplica un 15% de desconto. Aproveitao aquí ata o 31 de maio! Agardamos que vos gosten os nosos novos lanzamentos, a nós nos teñen marabillados. Lembrade deixala vosa opinión cando o probedes!

modus mencia botellas

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0