Como sabedes, dentro da gran cantidade de sorpresas que preparamos para celebrar con todos vós o noso 50 aniversario ao longo deste ano (2018 non podía comezar mellor!), atópase o ciclo de Concertos con artistas extraordinarios. Eles levarán a mellor música da man dos nosos viños a algunha das salas de concertos con máis encanto do norte do noso país.
“Modelo de Respuesta Polar” abriu o Ciclo en Oviedo
Un dos grupos revelación do pasado ano foi o encargado de abrir o ciclo, nada menos que en “La Salvaje” de Oviedo acompañados por Autotan. Co seu recoñecido ímpetu e enerxía, conseguiron que o último sábado de xaneiro se transformase nunha gran festa entre todos os asistentes.
Seguinte parada: Nuria Graham en Vigo o 24 de febreiro
Co seu debut “Bird Eyes”, esta catalana conseguiu compartir directos con grupos da talla de Unknown Mortal Orchestra ou St. Vincent. Para celebrar a súa inclusión en “Momentos Extraordinarios Costeira”, sortearemos entre todos os interesados dúas entradas dobres para o seu concerto na Sala Radar de Vigo o 24 de febreiro (pista: atentos ás nosas Redes Sociais). Ademais, haberá unha degustación gratuíta de Viña Costeira ata fin de existencias. Mellor combinación imposible!
Los hermanos Cubero y Marem Ladson en abril
O ciclo continuará en abril, con paradas en Lugo e A Coruña. O 15 de abril, “Los hermanos Cubero” ofrecerán un directo na Sala Ho Gruf! de Lugo, con entrada libre. Agardámoste para o vermut
Procedente de Ourense, a tan nova como talentosa Marem Ladson ofrecerá o 26 de abril na Sala Garufa de A Coruña as cancións que se incluirán no seu novo disco. Que gañas de deixarnos levar coa máxica voz de Marem!
Compra de entradas e máis sorpresas
Para conseguir as túas entradas tes dúas opcións: acceder a ticketea.com ou mercalas na propia sala do concerto. Ah! e aínda nos queda algunha que outra sorpresa e máis datas por confirmar. Agardamos vervos e que gocedes ao máximo deste ciclo no que puxemos todo o noso cariño para encher de ledicia os vosos oídos e por suposto, os vosos padais