Spread the love

En su segunda edición, más de 100 personas comparten una noche llena de magia, consolidándose como uno de los eventos más esperados del verano

Cada mes de agosto, el fenómeno de las Perseidas convierte a las ya de por sí mágicas noches de verano en una ocasión ideal para disfrutar de la paz del entorno y la inagotable belleza del cielo, que con su oscuridad permite una mayor facilidad para observar la lluvia de meteoros.
Na súa segunda edición, máis de 100 persoas comparten unha noite chea de maxia, consolidándose como un dos eventos máis agardados do verán

Cada mes de agosto, o fenómeno das Perseidas converte ás xa máxicas noites de verán nunha ocasión ideal para gozar da paz do contorno e a inesgotable beleza do ceo, que coa súa oscuridade permite unha maior facilidade para observar a choiva de meteoros.

Tralo éxito dunha actividade organizada por vez primeira o pasado ano, Viña Costeira repetiu a acción o xoves 9 de agosto, con novidades e sorpresas con respecto á edición previa, que fixeron as delicias dos máis de 100 asistentes.

Entradas esgotadas aos poucos días

Desde o lanzamento das entradas percibiuse un crecente interés por parte dos usuarios, que esgotaban as entradas aos poucos días. Ademais, un exitoso sorteo en Instagram permitiu a dúas persoas asistir de xeito gratuíto e unirse ao resto de participantes en tódalas actividades programadas.

En torno ás 19:45 horas comezaban a chegar os primeiros participantes, acompañados por un cuarteto de Jazz e bossanova (Galicat Quartet)  que amenizou a noite nos seus momentos álxidos. Trala recepción, os asistentes visitaron a adega e coñeceron tódolos detalles da elaboración dos produtos Costeira, cun percorrido polas súas instalacións e a posibilidade de adquirir packs especiais elaborados para o propio evento.

A continuación, unha deliciosa cea no incomparable marco do viñedo de San Cibrao permitiu aos asistentes saborear a autenticidade da gastronomía galega, cunha espectacular posta de sol que deu paso á intimidade da Vía Láctea como acompañante de luxo.

Trala cea, os participantes acomodáronse e observaron coa calma ideal para desfrutar do momento as estreas fugaces que o grupo de astrónomos expertos contribuíu a visibilizar, compartindo unha noite única chea de momentos extraordinarios, cuxo punto final chegaba ao redor das 2h da madrugada.

Mentres agardamos ansiosos xa pola vindeira edición, gocemos dalgunha das mellores imaxes que nos deixou a Noite das Perseidas 2018. Moitas grazas a todos pola vosa compañía!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0

load wp-blog-header.php