Spread the love

Celebrarase o 8 de agosto nun contorno excepcional: Pazo de Toubes

Amigos e amigas de Costeira! Por fin podemos avanzarvos moitos, moitos detalles sobre o evento das Perseidas deste verán. Como principal novidade, podemos decirvos que estreamos ubicación: nada menos que Pazo de Toubes, un lugar emblemático da comarca do Ribeiro, onde prepararemos ata o máis mínimo detalle para que gocedes dunha noite chea de encanto, co viño e as estrelas como principais protagonistas, e aos que se unirán moitos outros ingredientes:

Á xa habitual observación guiada de estrelas, coctalería e música ambiente, uniranse un espectáculo acrobático e de lume, e unha cea con maridaxe completísima, que constará de:

  • Xamón Reserva Selecta con Picatostes
  • Táboa de Ibéricos de Bellota
  • Espellos de Queixos Nacionais e Internacionais
  • Croquetas caseiras de xamón e marisco
  • Empanada artesana
  • Saquiños cruxintes de setas de tempada e queixo do país
  • Gambas en tempura
  • Brochetas de Polbo e langostino
  • Brochetas de Solombo e Pemento de Herbón
  • Brochetas de Zamburiñas con bacon
  • Brownie de chocolate con noces
  • Brochetas de froita de tempada
  • Mesa de doce

Horario e transporte da Noite das Perseidas 2019

Noite das Perseidas será o día 8 de agosto e comezará ás 20h en Viña Costeira (o transporte en autobús ata Pazo de Toubes está incluído, sendo o único modo de chegar ao evento), e finalizará ás 2h, con opción de voltar en autobús a partires da 1h.

Con este evento, Viña Costeira continúa ampliando a súa oferta enoturística, coa que se reciben máis de 10.000 visitas ao ano, promocionando a zona do Ribeiro, un contorno de grande valor paisaxístico e enolóxico que axuda a promocionar Galicia coma destino turístico de valor engadido.

Como sabes, as entradas para este evento voan, así que recomendámoste mercar a túa canto antes. Vémonos na noite máis máxica do ano!

noche perseidas

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0