actualizando a imaxe o seu viño con máis historia: o Pazo Ribeiro
Novos tempos, novos retos, pero sempre a mesma esencia de respecto ás orixes. Con esta premisa indeleble no noso ADN, Viña Costeira dá un paso cara ao cambio actualizando a imaxe o seu viño con máis historia: o Pazo Ribeiro.
Con case 50 anos ás súas costas, Pazo Ribeiro afronta unha renovación acorde a súa excelente calidade, para adaptar a súa imaxe ás novas esixencias do mercado, e establecer un punto de partida cara a un futuro no que, sen dúbida, seguirá sendo un dos referentes máis icónicos dentro da D.O., defendendo con orgullo o seu título de primeiro Ribeiro embotellado.
Viño de referencia en Galicia, apadriñado polo mismísimo Álvaro Cunqueiro e con presenza ao longo e ancho de toda España, este viño equilibrado e saboroso segue levando o nome do Ribeiro e Viña Costeira alá onde vai, exemplificando o terroir característico dos catro vales de graníticos chans da nosa rexión.
Un cambio de aspecto conservando a esencia, para que Pazo Ribeiro, connosco desde 1968, siga acompañándonos na nosa mesa outros 50 anos máis.