Con esta iniciativa, potenciamos o área de turismo vitivinícola, que verá incrementada a súa oferta no futuro.
A partir de hoxe, o noso sitio web conta cunha nova sección dentro do apartado “Bodega”, referido única e exclusivamente ao enoturismo.
Unha actividade na que atendemos miles de visitantes cada ano, e onde atopámonos con nacionalidades tan dispares como os Estados Unidos, Arxentina ou Xapón. Para nós, é un privilexio recibir na nosa adega tan
diversas influencias culturais (dende os máis próximos ata os de más lonxe), así como tamén o é o mero feito de ser capaz de ofrecer unha visión dos nosos viños e a nosa terra que transcende para xentes de todo o mundo .
Por esta razón, críamos que debíamos de dar ó enoturismo o seu propio espazo dentro desta web, e así facelo máis accesible a todas aquelas persoas que aínda non coñecen a nosa adega e as nosas viñas “en costeira”.
¡Agardámoste cos brazos abertos!