Spread the love

Modus Vivendi Ribeiro, Colección 68 e Viña Costeira obtiveron diversos recoñecementos nos últimos días

O International Wine Challenge 2019 recoñece á adega con dúas medallas

Despois de dúas semanas de catas a cegas nas que participaron 400 membros do xurado procedentes de 38 países diferentes, xa son públicos os premios da International Wine Challenge 2019, tranche 2.

Nesta ocasión , dous dos nosos viños obtiveron galardóns: medalla de prata para Viña Costeira Ribeiro 2018 e medalla de bronce para Modus Vivendi Ribeiro 2018.

O International Wine Challenge, que xa vai pola súa 36 edición, é un prestixioso certame que reúne a un selecto e riguroso xurado para decidir cada medalla. Coñece aquí máis detalles sobre os viños premiados e por suposto, anímate a probalos se aínda non o fixeches!

Medalla de Prata para Viña Costeira Ribeiro 2018

Cunha medalla de prata e 90 puntos de valoración, as notas de cata correspondentes ao premio do Viña Costeira Ribeiro apuntan que é “un viño brillante e natural. Refinado, perfecto e refrescante para verán”.

Tal e como indica o xurado, trátase dun viño ideal para os meses de bo tempo que se aveciñan, moi axeitado para toda clase de peixes e mariscos, crustáceos e moluscos, e excelente acompañante de queixos tradicionais galegos.

Medalla de Bronce para Modus Vivendi Ribeiro 2018

No que respecta a este viño branco de Pazo de Toubes, a IWC 2019 outorgoulle unha medalla de bronce e 88 puntos, coas seguintes observacións: “Perfumado, con aromas cítricos maduros. Elegante e xugoso, moi doado de beber”. Se te apetece probar este viño, é perfecto para maridar con todo tipo de peixes, mariscos, arroces e carnes brancas. Aquí o tes online!

5 novos recoñecementos en certames de Estados Unidos e Suíza

Ademais destes premios, os viños Costeira obtiveron recentemente un grande recoñecemento a nivel internacional, tanto no Concours Mondial Bruxelles (celebrado en Suíza), coma no Wine Enthusiast (Estados Unidos):

O Concours Mondial Bruxelles, celebrado este ano na cidade de Aigle, Suiza, premiou nas catas da súa 26 edición a Colección 68 Treixadura 2018 cun ouro e a Modus Vivendi Ribeiro 2018 cunha prata.

Por outra parte, o Wine Enthusiast de Estados Unidos outorgou moi boas puntuacións a tres viños: 89 puntos a Colección 68 Treixadura 2018, 88 puntos a Modus Vivendi 2018 e 87 puntos a Viña Costeira 2018.

Con estes recoñecementos, a adega segue a colleitar éxitos de recoñecemento na calidade dos seus viños, coma o recente Bacchus de Ouro ao novo viño Tamborá godello. Que siga o bo ritmo!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0