Spread the love

A Vía XVIII ou Vía Nova foi vital coma ruta de suministro durante o Imperio de Roma na Península Ibérica. Por aquel entón, o cultivo da vide e outras riquezas de Valdeorras conformaban un xeito de vida que evolucionaría ata os nosos días a través da cultura do viño.

Coma homenaxe e agradecemento a semellante herdanza, Viña Costeira estrea novo viño tinto, elaborado con uva garnacha tintureira de cepas vellas, e denominado como tal, Vía XVIII. O novo produto está enmarcado na gama Pazo de Toubes, adega de 9 hectáreas de cepas propias con elaboración artesana e tradicional, e un privilexiado emprazamento.

Notas de cata e composición do Vía XVIII

O novo viño tinto de Viña Costeira, Denominación de Orixe Valdeorras, está composto 100% por uva garnacha tintureira cepas vellas, tamén chamada Alicante Bouschet ou Henry Bouschet. As súas notas de cata apuntan unha cor vermella granate moi intensa, de capa moi profunda e harmonía de chan e froitas maduras en nariz, con notas minerais. En boca, é un viño tinto de entrada doada e apetecible, sen espesores pero cun postgusto intenso e longo que evoca sensacións de elaboración tradicional. Cun carácter asentado e moi agradable, é untuoso ao tacto e presenta unha acidez moderada.

Elaboración, maridaxe e temperatura do servizo

O viño tinto Vía XVIII elabórase con vendima manual en caixas. O seu despalixado e estruxado é suave, con fermentación a 26º en aceiro inoxidable. Macérase tradicional e coidadosamente con remontados manuais e afínase naturalmente polos fríos do inverno. O seu repouso é en tanque de aceiro.

O novo viño Costeira é un gran acompañante de patés e carnes de ave recheas ao forno. Ademais, marida moi ben con legumes estofadas, cocidos e carnes en xeral con guarnicións de fungos. É un viño ideal para facilitar a dixestión das abundantes comidas navideñas, como o tradicional pavo ou cordeiro. A súa temperatura ideal de servizo é de 16 a 19º.

Queres probalo? Xa á venda eiquí!

caja vino 4 uds.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0