Spread the love

Viña

A chegada das datas do Nadal serviu como punto de partida para que
Viña Costeira
presente a nova imaxe do seu espumoso Lúa Jazz. Este cambio de imaxe achega o novo deseño deste espumoso aos novos tempos, dotándoo dunha estética máis minimalista e estilizada acompañaranos nos momentos máis especiais destas festas.

O Lúa Jazz, co seu constante rosario de finas burbullas e a súa cor amarela e brillante, conta cun gran recoñecemento entre os consumidores, destacando por ser un dos pioneiros entre os espumosos de treixadura. A súa primeira fermentación en depósito de aceiro, compleméntase cunha segunda fermentación en botella seguindo o ” méthode traditionnelle” con fermentos libres e crianza en rima de 18 meses.

Estas particularidades fano ideal para tomar como aperitivo ou na sobremesa, tanto só como en combinación de todo tipo de sobremesas. Un produto excepcional, ideal para as datas que se aproximan pero tamén para calquera momento extraordinario, e que poderedes atopar na nosa tenda online.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0