Spread the love

“Cata HG&T transfronteiriza de viños tintos Ibéricos”

O pasado 10 de Outubro celebrábase unha nova edición da “Cata HG&T transfronteiriza de viños tintos Ibéricos”, na que se valoraban case 160 referencias do panorama nacional, destacando a gran calidade dos viños catados e da que esta semana coñecemos os seus resultados.

Nese sentido cabe destacar a paulatina ascensión en termos de calidade que veñen experimentando os tintos elaborados con Mencía, continuando coa súa proxección na percepción de consumidor e na valoración das propiedades organoléptcias polos expertos catadores.

Viña Costeira presentaba o seu Mencía na sección da D.O. Valdeorras, alcanzando con 322 puntos unha meritoria medalla de prata dentro da sección de “Viños sen crianza monovarietales 2016”, referendando a alta calidade deste viño que xa se fixo un importante oco a base de esixencia na súa elaboración dentro do espectro de tintos de Valdeorras.

O Viña Costeira Mencía é un fiel reflexo do “terroir” das ladeiras do Sil e do Bibei, coas súas zonas pizarrosas nas que se elabora este viño elegante e complexo, ben estruturado e con sensacións minerais que evocan as paisaxes nobres de Valdeorras.

 

 

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0

load wp-blog-header.php