Spread the love

XV edición do Concurso Internacional de viños Bacchus 2017

A XV edición do Concurso Internacional de viños Bacchus 2017 tivo lugar entre o 10 e o 13 de Marzo en Madrid, converténdose durante eses días no epicentro internacional do mundo do viño. A presenza de adegas dos 5 continentes vinícolas non fixo máis que confirmar o prestixio e repercusión que alcanza a nivel global a gran cita española do mundo do viño.

Durante catro xornadas, un elenco de expertos catadores de diversas procedencias, conformou o xurado para avaliar e recoñecer a gran calidade dos viños presentes no Bacchus, tendo na Unión Española de Catadores un anfitrión perfecto para a ocasión.

Nesta edición, Viña Costeira conseguiu un gran éxito, ao recibir o seu Mencía 2015 un Bacchus de Prata, galardón especialmente ilusionante dada a curta vida deste viño no mercado.

Tras este prestixioso recoñecemento dun viño e unha anada especiais, confírmase que este Mencía ten un presente sólido e firme, pero tamén un futuro prometedor, froito do seu carácter memorable e a súa singularidade.

Sen dúbida, un novo concepto de Mencía.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0