Spread the love
  • 100% treixadura, conta cun agradable aroma, reflexos dourados e elegancia en boca

“A estreita colaboración entre a adega e a arte traballouse con moitísima intensidade no pasado. Agora, recuperamos con moita ilusión esta tradición, coa nova anada deste viño, que no seu día foi un dos primeiros con uvas autóctonas do Ribeiro”. Con estas verbas presentaba Andrés Rodríguez, conselleiro delegado de Viña Costeira, o relanzamento do icónico viño Amadeus tras máis de dez anos.

Na presentación, que se celebrou no Liceo de Ourense, participaron tamén Manu Castro, enólogo de Viña Costeira, que supervisou todo o proceso; e Alexandre, pintor ourensano autor do deseño que leva serigrafiado a botella. O propio Alexandre compartía cos medios o enorme cariño co que colaborou neste proxecto, “que aceptou de inmediato”.

Pola súa banda, Manu Castro poñía en valor a dificultade da colleita manual e artesana da finca de San Cibrao, debido á súa orientación e distribución en costeiras. “Esta é, precisamente, unha das claves para obter treixadura de maior calidade para elaborar este viño”.

O Amadeus é, ademais dunha clara homenaxe á arte e cultura galegas, un viño 100% treixadura cun agradable aroma, reflexos dourados e elegancia en boca. 

Este viño de legado histórico, que xa está á venda online, volve a escena para acompañar a Viña Costeira na súa consolidación como adega galega de referencia.amadeus 2

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0