Spread the love

A inicios do mes de xullo asistimos en Porriño ao Día do Cooperativismo Galego 2018. Alí, recibimos o Premio á Mellor Traxectoria, nun ano absolutamente redondo para a Cooperativa en tódolos sentidos.

Co lema “Sociedades sostibles a través da cooperación”, o Día do Cooperativimo trata de avanzar ao respecto dos obxectivos de desenvolvemento sostible fixados pola ONU para 2030. Un deles é garantir a modalidade de consumo e produción sostibles, cualidade recoñecida na gala celebrada o 7 de xullo e á que asistiu Concha Iglesias, vicepresidenta da Cooperativa, acompañada por algúns membros da Xunta reitora de Viña Costeira.

No mesmo acto, a cooperativa de suministros Aira recibiu o premio aos valores cooperativos, o CPIF As Mercedes de Lugo e o CPIF Someso de A Coruña os premios ao Certame Cooperativismo no Ensino e a iniciativa Bico de Grao o premio ao Mellor Proxecto Cooperativo novo.

O recoñecemento incluíu figuras representativas de Sargadelos, discursos vinculados ao crecemento de Galicia baseado na sostibilidade e a asistencia de autoridades como Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.Ademais, a Xunta de Galicia elaborou este vídeo resumo adicado á Cooperativa Viña Costeira. Moitísimas grazas a todos, seguimos sumando e medrando xuntos neste marabilloso ano 2018 no que cumprimos 50 anos e recoñeceunos como a Mellor Adega de España nos Premios Verema.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0

load wp-blog-header.php