Fingerlakes International Wine Competition 2017
O pasado mes de Marzo pechábanse as inscricións para unha nova edición do Fingerlakes International Wine Competition 2017 (FLIWC), un certame solidario situado entre os mellores segundo o ránking da Asociación Mundial de Xornalistas e Escritores de Viños e Licores (WAWWJ).
A WAWWJ engloba na actualidade a máis de 13.500 escritores, xornalistas e especialistas do sector, pertencentes a 80 países e que representan a 2600 medios de prensa mundiais e 930 publicacións ou medios (Escritos, TV, Radios) e máis de 10000 páxinas da internet especializadas en viños en todo o mundo.
Mediante a celebración do FLIWC, esta asociación de profesionais do mundo do viño colabora cunha entidade sen ánimo de lucro á que van destinados os beneficios deste evento: o Camp Good Days. Dita organización foi fundada en 1979, e converteuse nunha das máis importantes de Estados Unidos na loita polo benestar dos nenos con cancro e das súas familias.
Neste contexto solidario, a nosa adega acudía co Colección 68 Treixadura 2015 e co Modus Vivendi 2015 como abanderado do proxecto de Pazo de Toubes, e o resultado non puido ser máis satisfactorio dada a importancia do certame e a categoría dos membros da WAWWJ.
O Colección 68 Treixadura 2015 conseguiu unha medalla de ouro, demostrando que os viños monovarietales teñen un atractivo importante para o público americano, sempre pendente da evolución dos viños españois. Por outra banda, o Modus Vivendi 2015 de Pazo de Toubes iniciaba a súa andaina no FLIWC cunha medalla de prata que serve como punto de partida á súa traxectoria de premios internacionais.
Dous novos recoñecementos para os diferentes proxectos da nosa adega, que confirman a boa acollida que teñen os produtos de Viña Costeira no exterior e que reforzan o noso posicionamento no mercado internacional.