Spread the love

A IWC (International Wine Challenge), un prestixioso certame internacional que xa vai pola súa 36 edición, recoñeceu no seu primeiro tramo a varios dos viños Costeira con tres premios.

En total, Viña Costeira alzouse con dúas medallas de bronce (para Viña Costeira 2017 e Colección 68 Treixadura Barrica 2016, ambos con 87 puntos)

e unha de prata (para Modus Vivendi 2017, con 90 puntos). Este último, que recibiu a puntuación máis alta, elabórase coas variedades treixadura, albariño e loureiro. As súas notas de cata apuntan un “elegante branco seco cun encantadoramente perfumado aroma, boa lonxitude afroitada e un toque residual no acabado”. Ademais, o noso viño Colección 68 Treixadura levouse unha recomendación.

Na IWC os viños valóranse minuciosamente a través de catas a cegas onde son xulgados pola súa fidelidade ao estilo, a rexión e a colleita. Cada aspirante é degustado polo menos 12 xuíces, entre os que poden atoparse Masters of Wine.

Este primeiro tramo do certame -que tivo lugar o pasado mes de novembro- contou con 212 expertos en viño procedentes de 23 países. Nel, España recolleu 247 medallas, das cales 8 son de ouro. O noso país sitúase así na quinta posición, tras Francia, Australia, Portugal e Nueva Zelanda no medalleiro.

Segundo a organización, a misión do IWC é axudar aos consumidores a atopar grandes viños, e as medallas amosadas nas botellas gañadoras ofrecen unha garantía de calidade de confianza.

Premios Luis Paadín

A nova guía de viños 2019 de Luis Paadín tamén outorgou recentemente tres ouros e unha prata aos nosos viños Costeira. Nesta ocasión, os ouros foron para Codos de Larouco (Mencía y Godello) e Viña Costeira Mencía. Teixadal de Casaio, pola súa parte, alzouse coa medalla de prata.

Esta guía naceu fai máis de 10 anos coma un “vademécum” de todas as adegas de Galicia. Hoxe serve como plataforma de divulgación e exaltación dos viños e destilados da nosa rexión. Dela edítanse 2.000 exemplares anuais. Máis da metade destes son reservados antes da súa salida a mercado polos mecenas, quenes fan posible que a guía se edite sen publicidade.

Con estas sete novas distincións, Viña Costeira pecha o ano 2018 cargada de recoñecementos que premian o esforzo e bo facer vinícola das nosas adegas. Non podemos estar máis satisfeitos! E, por suposto, desde aquí felicitamos ao resto de premiados que nos acompañan nestes pódiums.

Podedes probar eiquí os viños Costeira premiados, celebrar as datas navideñas con eles e darnos a vosa opinión, estaremos encantados de coñecelas.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0