Spread the love

Definitivamente, o noso ano. Por primeira vez na nosa historia, contamos cun stand propio na Feira Alimentaria (Barcelona), referente internacional en Alimentación, Bebidas e Gastronomía. Aproveitando a nosa estancia, presentamos unha destacada novidade enmarcada no 50 aniversario: o redeseño do Viña Costeira Ribeiro coma homenaxe aos máis de 600 socios viticultores da cooperativa

Esencia, valores e futuro de Viña Costeira

O novo deseño da botella do Viña Costeira Ribeiro rompe co tradicional xogo de dobre etiqueta, converténdose nunha única peza máis visual e impactante. Así, Viña Costeira une a esencia e valores inherentes a este emblemático viño branco, coas demandas dos novos tipos de consumidor, cun claro xesto de cara ao seu prometedor futuro

Presentado no marco da Feira Alimentaria

Entre os días 16 e 19 de abril, Viña Costeira contou por vez primeira cun stand propio na Feira de Alimentación, Bebidas e Gastronomía “Alimentaria”, celebrado no recinto Gran Vía de Barcelona. Distribuída en seis salóns, a Feira conta coa presencia de 157 países diferentes, o que supón un incrible escaparate para a adega e os seus produtos a todos os niveis.

Dentro do salón de viños, sidras e espirituosos, Viña Costeira luciu un stand cun deseño inspirado na nova imaxe da botella de viño branco máis vendido de Galicia: Viña Costeira Ribeiro. Ademais, ofrecíase aos interesados a posibilidade de realizar unha visita virtual á adega e aos viñedos, cunhas gafas 3D.

Homenaxe aos 600 socios viticultores

Na presentación, a Adega transmitiu o seu desexo de vincular este redeseño coma homenaxe e agradecemento aos 600 socios viticultores que contribuíron non só a acadar a celebración do seu 50 aniversario neste 2018, senón a culminar importantes logros, como o recente recoñecemento como a Mellor Adega de España polos Premios Verema.

Ribeiro Viña Costeira, premio Bacchus de Prata

Ademais, concretamente este viño (Viña Costeira Ribeiro), vén de ser recoñecido este mes de marzo cun Bacchus de Prata, polo prestixioso certame organizado pola Unión Española de Catadores.

Cun aroma de intensidade media alta, saboroso e fresco, o viño Ribeiro Viña Costeira (uva Treixadura, Albariño y Godello entre outras), é perfecto para acompañar con toda clase de mariscos e pescados, ademais de calquera queixo tradicional procedente de Galicia.

Referente en enoturismo e como viño galego de calidade

Estes últimos recoñecementos e a nova proposta estética presentada dan continuidade a outras accións de innovación e mellora continua da adega galega, afianzada coma referente no sector enoturístico, con máis de 10.000 visitas ao ano, que gozan do inmellorable entorno e a multitude de riquezas e atractivos turísticos que o rodean

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0