Spread the love

O novo viño, presentado no marco da feira Salón Gourmets en Madrid, xa foi premiado cun Bacchus de Ouro pola Unión Española de Catadores, convertíndoo no mellor godello de Galicia.

Viña Costeira e a música levan xa moitos meses vivindo da man, cun grande protagonismo en concertos e un apoio á cultura moi determinante por parte da adega. Agora, é o turno de engadir melodía a un dos seus novos lanzamentos: un viño que promete dar moitas alegrías: o godello Tamborá.

Aroma intenso, cun final fresco y persistente

O novo viño Tamborá xa recibiu un gran recoñecemento internacional (Bacchus de Ouro) antes de ser presentado de xeito oficial. Verdoso, con reflexos dourados, limpo e brillante, presenta un aroma intenso moi expresivo, con notas de froita branca, matices florais e botánicos. En boca, é un viño branco equilibrado, amplo e moi sabroso, cun final fresco e persistente.

Con respecto á súa elaboración, é un viño vendimado manualmente en caixas de 18 kilos, con breve maceración prefermentativa, fermentación en depósito de aceiro inoxidable a temperatura controlada entre 16 e 18ºC e crianza sobre lías finas durante 4 meses.

Maridaxe ideal: mariscos e peixes en xeral

A súa maridaxe ideal son mariscos e peixes en xeral, ademais de arroces e carnes brancas, cunha temperatura ideal de servizo de 9ºC.

Promoción de lanzamento online

O novo viño branco Tamborá, que debe o seu nome a un instrumento de percusión de orixe medieval, ao que se fai homenaxe co pentagrama e as baquetas da súa etiqueta, xa se pode adquirir online aquí, cunha promoción de lanzamento moi atractiva dun 15% de desconto e sen gastos de envío, só durante o mes de abril.

Con este lanzamento, Viña Costeira conta cun viño godello que aporta ao seu portfolio unha melodía cada vez máis completa de matices.

tambora

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0