Spread the love

“TripAdvisor concede o Certificado de Excelencia a aqueles aloxamentos, restaurantes e atraccións que reciben constantemente opinións excelentes dos viaxeiros”. Así define o maior portal de opinións de viaxeiros, TripAdvisor, o seu Certificado de Excelencia, que veñen de conceder a Viña Costeira.

Este concesión non fai máis que corroborar o compromiso da nosa adega co enoturismo de calidade, e ratifica o bo facer do noso persoal, así coma os atractivos da visita, como coñecer as variedades da uva ou descobrir o proceso de elaboración do viño.

Un 97% de opinións excelentes

Este galardón, un dos máis valorados polos visitantes dos establecementos turísticos á hora de determinar a súa visita, débese, entre outros factores, ás positivas valoracións dos propios visitantes, que actualmente son “Excelentes” nun 97%.

Con este certificado acredítase a experiencia positiva e satisfacción de todas aquelas persoas que nos visitan, e supón un recoñecemento á nosa aposta pola excelencia e a promoción de actividades enoturísticas de calidade e diferenciais.

Entre as opcións enoturísticas de Viña Costeira atópanse “Coñece Costeira” e “Experimenta o Extraordinario”, con diferentes alternativas e opcións en cada un dos packs, que permiten percorrer o interior das instalacións, coñecer referencias históricas, descripción de viñedos, variedades de uva e denominación de orixe Ribeiro, así coma comprobar de preto a elaboración de viños e degustar varios produtos da enotenda. 

Un dos mellores plans recomendados para a provincia de Ourense

Ademais, visitar a adega Viña Costeira é, actualmente para dita web, o segundo plan máis recomendado para facer na provincia de Ourense, só por detrás das Termas da capital. No que respecta a Galicia, a visita ás adegas atópase entre os 25 mellores plans para TripAdvisor.

Se ti tamén queres vir a comprobar se os usuarios teñen razón, revisa a túa axenda de vacacións, e aquí te agardamos!

junio

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0

load wp-blog-header.php