Spread the love

Inicios de outubro, tempo un ano máis para facer balance da vendima, despois de semanas de gran esforzo por parte dos múltiples axentes que inflúen no resultado final do laborioso proceso.

Superados un par de anos de produción con incidentes (2018 ataque de Mildiu, 2017 xeada), a vendima de 2019 transcurriu sin imprevistos, resultando moi satisfactoria tanto en calidade como en cantidade. A falta de auga nas semanas previas á vendima provocou un peso do racimo menor do previsto ao longo do mes de agosto. En todo caso, a colleita recupera os niveis de 2015, cunha uva a un altísimo nivel sanitario.

Fincas propias nas inmediacións dos vales do Avia e do Miño

Viña Costeira conta con fincas propias ubicadas en paraxes singulares da Denominación de Orixe Ribeiro, nas inmediacións dos vales do Avia e do Miño. As principais son as seguintes:

  • Finca O Carqueixal, ubicada en Gomariz (Leiro), aunando as variedades Treixadura, Albariño e Loureira.
  • Finca San Cibrao, en San Cibrao (Ribadavia), orientada ao sur e dominando o val do Miño coas viñas dispostas en ladeiras e bancais. Destacan as pequenas parcelas de Treixadura, Godello, Albariño e Loureira.
  • Finca Toubes, en Riobó (Cenlle), cos viñedos de Treixadura, Albariño e Loureira dispostos en bancais.
  • Finca Coio Branco, en As Bouzas  (Castrelo de Miño), orientada cara o río Miño e con boa altitude, axeitada para a Treixadura e o Albariño alí cultivados.

O proceso: controis de maduración, analíticas e características da vendima

Precisamente das fincas previamente mencionadas obtéñense os viños máis especiais e singulares de Viña Costeira, implicando un exhaustivo seguemento e control da mesma durante todo o ano. Particularmente, estes son algúns dos procesos aplicados:

  • Controis de maduración con analíticas tanto físico químicas (grado probable, acidez total, pH, peso de baias…), como sensoriais (doce, resistencia ao desprendemento do pedicelo, madurez das pepiñas, acidez en boca…).
  • Determinación da data máis axeitada de vendima en función dos controis de maduración, así coma das previsións meteorolóxicas e condicións microclimáticas das parcelas, asegurando o momento e xeito idóneo de recollida.
  • Vemdima manual, en caixas de menos de 20 kg. de capacidade unitaria, e rápido transporte a adega.
  • Vendima preferentemente nas horas menos calurosas do día.
  • Control das caixas recollidas por cada vendimador co fin de planificar axeitadamente o tempo de vendima de cada finca e os recursos necesarios para elo.
  • Recepción en adega diferenciada das uvas procedentes de fincas propias, para a súa posterior elaboración individualizada, selecta e minuciosa.

Persoal do contorno rural e elaboración de viños de finca

Para levar a cabo a vendima nas fincas propias, selecciónase persoal, preferentemente do contorno rural da zona, dotando aos vendimadores da axeitada formación e medios pertinentes para que vendimen de xeito idóneo e coa máxima seguridade.

Dita formación está impartida polo Director Técnico de Viticultura, así coma polos técnicos de viticultura de Viña Costeira, mantendo continuo contacto cos vendimadores durante todo o proceso.

Para elaboracións de viños de finca, de alta gama, así coma para vinificacións especiais (Tostado de Treixadura, por exemplo), no propio viñedo supervísanse de xeito meticuloso os traballos encomendados aos vendimadores:

  • Selección de acios en viñedo.
  • Eliminación de baias non desexadas.
  • Carga máxima das caixas de vendima para evitar aplastamento de acios e rotura de baias. 
  • Vendima diferenciada por parcelas e/ou variedades.
  • Transporte rápido e seguro á adega.

Novidade este ano: vendima extraordinaria, aberta ao público 

Aínda que o bo tempo non acompañou, por primeira vez convocouse unha xornada de participación aberta ao público, para que aquelas persoas que o desexasen vivisen e experimentasen unha xornada de vendima moi de preto.

Agotadas as 20 prazas ofertadas (con persoas procedentes de fora de Galicia e doutros países), os participantes sorprendéronse ao comprobar o mimo co que se recolle a uva, percibiron a emoción da vendima e incluso levaron ás súas casas acios que eles mesmos vendimaron. Para finalizar a súa xornada, gozaron dunha visita á adega e dunha cata maridada, nun día que lles permitiu coñecer onde comeza todo.

O colofón final: Costeira Sonora

Tralo duro traballo que supón a vendima, sumado ao esforzo dos viticultores durante todo o ano, celebrouse por vez primeira o evento Costeira Sonora, unha grande festa para pór en valor os viños Viña Costeira e todo o contorno. Para elo, abriuse o recinto de Pazo de Toubes aos máis de 300 asistentes, que puideron respirar de primeira man o corazón do Ribeiro, verdadeira alma da vendima. Música, contorno e viños fixeron do día un éxito a tódolos niveis e unha experiencia sen lugar a dúbidas para repetir.

O relevo xeneracional, un reto para Viña Costeira

Actualmente, Viña Costeira está a por en marcha unha serie de proxectos, coma o acceso á financiación desde a propia cooperativa; ou levar a cabo pequenos polígonos agrarios, para que as novas explotacións teñan un tamaño óptimo e rentable. Deste xeito, poténciase o relevo xeracional no viñedo, moi positivo e necesario, que constitúe un reto de presente e futuro para a adega de Ribadavia, de cara a afrontalo presente ano 51 desde o seu nacemento e os meses vindeiros.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0

load wp-blog-header.php