Spread the love

Mediados de setembro supón para a maioría unha data clave na recuperación do ritmo habitual, os días acúrtanse e planteámosnos novos retos mentras saboreamos os últimos retazos do verán e a súa interminable luz. Para moitos outros, aqueles viticultores que pasan as estacións pendentes dos seus viñedos, a saúde da vide e a súa dificilmente perceptible pero constante evolución, chega a cita clave do ano: a recollida do froito ao que tanto tempo, esforzo e agarimo dedicaron.

Son días de intensísima actividade, nos que so aqueles que se atreven a desafiar pendentes e bancais de complexo acceso ás fincas son conscientes do duro que pode chegar a ser o proceso de recollida. Pero tamén son días nos que reina o bo ambiente, a camaradería e xenerosidade entre todas as persoas que participan en tan arduo proceso. Valoramos a vendima 2018 de Viña Costeira, que vén de rematar:

Os procesos da vendima: como se recolle a uva?

Un dos enólogos de Viña Costeira, Manu Castro, explica o proceso de recollida: “aínda que é lento e laborioso, por suposto merece a pena pola extraordinara calidade da uva colleitada”.

A vendima das fincas propias (San Cibrao, Saa, Coio Branco, Gomariz, Rioboo e Leiro), lévase a cabo con persoal propio da adega, xestionado pola responsable de viticultura, Susana Gulín e o seu equipo, que coordinan os grupos participantes.

Máis concretamente, a vendmia realízase en pequenas caixas de 18 kg, que chegan á adega para ser procesadas o antes posible. Xa entón, a uva recibida é despalixada, estruxada e prensada, incluíndo en determinados casos unha pequena maceración da pel da uva co mosto, para extraer compoñentes.

Unha vez extraído o mosto, pasará un período mínimo de reposo de 24 horas, para ser posteriormente desfangado e levado ao depósito de fermentación.

vendimia

Añada de excelente calidade

Actualmente, os mostos atópanse en plena fermentación, onde ten lugar a transformación do mosto en viño. As levaduras transforman as azúcares da uva en alcohol, carbónico e outros compoñentes secundarios, que aportan ao viño as súas características singulares e personalidade única. No caso dalgúns viños, xa se atopan nas últimas fases do proceso, comezando a expresar a súa vocación. En todo caso, segundo Manu Castro “as primeiras impresións son moi boas, prevemos que a colleita de 2018 sexa de excelente calidade”.

Nesta misma liña mantense Andrés Rodríguez, presidente de Viña Costeira: “As expectativas non eran moi favorables en canto á calidade polo ataque do Mildiu, e así foi, cunha cantidade similar á do pasado ano, afectada pola xeada. Sen embargo, e aínda que o viticultor tivo que esforzarse máis na selección de uva, a calidade do viño será moi alta nesta añada.

2018, o ano máis especial de Viña Costeira

Para a cooperativa Viña Costeira e todas aquelas persoas que fan posible o seu día a día, o presente ano leva moitos meses sinalado no calendario. Trátase do seu 50 Aniversario, e por elo puxéronse en marcha múltiples iniciativas pra conmemorar a data e potenciar a visibilidade e a de tódolos seus socios. Coma regalo inesperado, o recoñecemento a “Mellor Adega de España 2017”, nos premios Verema supuxo a guinda extra para redondear tanto a súa traxectoria coma as actividades organizadas ao longo do ano.

Para o presidente de Viña Costeira, Andrés Rodríguez, está sendo “un ano moi intenso, no que seguimos a pór en valor a máxima calidade dos nosos viños. Proba delo son os numerosos premios recibidos nos certames aos que acudimos.

Por suposto, continuamos organizando os “Momentos Extraordinarios Costeira”, ciclos musicais referencia no norte de España, outras colaboracións culturais, gastronómicas ou deportivas, ademais dunha continua presencia na rúa, potenciada polo esforzo de determinadas áreas estratéxicas da adega.

Primeira cooperativa de Galicia con seguro colectivo para os seus viticultores

Unha das novidades máis recentes é a suscrición dun seguro colectivo por parte de Viña Costeira que dará cobertura a uns 600 viticultores e amparará unha produción de 4,9 millóns de kg. de uva, cuxo obxectivo é dinamizar a produción e apoiar a poboación no rural.

Para Andrés Rodríguez, trátase dun “paso fundamental cara a profesionalización do sector, que contribuirá a reducir o abandono do viñedo e do rural en xeral”. “É un xeito de animar ao viticultor, garantir uns ingresos e que poida continuar coa súa actividade, ao marxe de fenómenos atmosféricos extremos, cada vez máis habituais”.

Retos a medio prazo: referencia enoturística e rexuvenecemento do viticultor

Para dar continuidade á gran actividade ao logo de 2018 e potenciar a visibilidade dunha das adegas referentes de Galicia, próximos retos marcarán o futuro de Viña Costeira a medio prazo. Andrés Rodríguez sinala tres fundamentais: incrementar as ventas de produtos de valor engadido, especialmente en nacional e exportación (a mellores uvas, mellores viños); multiplicar o número de visitas a bodega e viñedo, coa inauguración do Pazo de Toubes como hito clave; e o rexuvenecemento do perfil de viticultor (cada vez máis mozos súmanse á viticultura).

Comezando xa o último trimestre do ano, aínda faltan por desvelar novas sorpresas que contribúan a seguir facendo deste 2018 un ano totalmente inesquecible para a familia Costeira, formada por máis de 600 socios viticultores que fan posible que cada día esté cheo de grandes “Momentos Extraordinarios”.

vendimia

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0

load wp-blog-header.php