A iniciativa, promovida por Agaca e a Obra Social “la Caixa”, fomenta a integración da muller no entorno das cooperativas agroalimentarias galegas.
Esta mañá celebrouse na adega Viña Costeira unha xornada en pos da integración e a participación máis activa da muller nas cooperativas agroalimentarias de Galicia.
A xornada foi organizada por Agaca (Asociación Galega de Cooperativas Agrolimentarias) e a Obra Social “la Caixa”, dentro das instalacións da adega de Ribadavia, que serviu para acoller o encontro.
Os temas tratados foron a mellora da competitividade empresarial, a diversidade, o relevo xeracional e a optimización do talento. Se ben o papel relevante da muller en este entorno é unha realidade (o 49% das
persoas socias de cooperativas agroalimentarias son mulleres), sí é necesaria unha maior implantación do xénero feminino nos consellos reitores e presidencias das mesmas.
Unha máxima defendida polo presidente de Viña Costeira Andrés Rodríguez Gómez, encargado de inaugurar e clausurar o acto, así como polo presidente de Agaca José Severino Montes Pérez, a responsable de negocio
agrario de Caixabank Laura Telma Tasende e a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella.