Asemblea Anual de 2016
Viña Costeira reuniu este domingo aos seus socios para celebrar a Asemblea Anual de 2016 nun acto desenvolvido no salón de actos da Cooperativa. Como é habitual, a data coincidía co domingo anterior ao día de Nadal, e servía de foro de debate no que analizar o resultado do último exercicio.
A xornada deu comezo ás 11 da mañá, e nela, a Xunta Reitora encabeza polo Conselleiro Delegado da Cooperativa, Andrés Rodríguez Gómez, expuxo a análise dos resultados do último ano e os informes correspondentes á liquidación da colleita.
Ademais desta análise, os socios recibiron de primeira man información acerca de novidades e plans que está a preparar a adega para 2017. Un ano que virá cheo de sorpresas agradables en ámbitos como as melloras departamentais, o desenvolvemento de marca e novos produtos, e a potenciación do enoturismo como área estratéxica.
Entrando na hora da sobremesa dábase por finalizada unha asemblea transcendental para empezar a sentar as bases de todas as accións que levarán a cabo no futuro, tendo como fito no horizonte o 50 aniversario da adega no ano 2018.