Entre o 25 de febreiro e o 9 de marzo, a adega acollerá unha exposición para todas aquelas persoas interesadas en coñecer unha das tradicións estrela da provincia. Ademais, entre o 1 e o 4 de marzo, unha cata de licores e viños Costeira completará a celebración. Máis información e entradas aquí!
Achégase unha das celebracións máis populares de Galicia, o Entroido, e por elo Viña Costeira homenaxeará durante 13 días esta tradición tan arraigada e aclamada polo público. O entroido de Xinzo de Limia (recentemente declarado Festa de Interese Turístico Internacional), serán ademais de Verín, Laza e Viana, absolutos protagonistas da actividade.
Ademais, entre os días 1 e 4 de marzo e tamén no marco do Entroido, celebrarase unha cata degustación de licores e viños, a partir das 12 horas, cun prezo de 12 euros para adultos e 5 euros para nenos maiores de 3 anos.
Licores Lua, viño, orellas, bica branca e flores de Entroido
Os licores Lua serán nesta ocasión os principais protagonistas da cata degustación incluída, acompañados doutros viños, das clásicas orellas, bica branca e flores do Entroido. Estes son os rasgos máis relevantes dos licores da cata degustación:
O licor Lua Crema é sedoso en boca, redondo e moi denso, con lembranzas a caramelo de toffe. Está elaborado con base de crema láctea galega, azúcar, vainilla, cacao, caramelo e un toque do mellor augardente, que lle aporta unha grande personalidade.
O licor Lua Herbas, de cor amarela limón, contén aromas florais e balsámicos, cun sabor suave e dozura natural. É a copa perfecta para sobremesa, debido ás súas extraordinarias propiedades dixestivas.
Por último, o compañeiro ideal de doces, como a bica e a orella do entroido: o licor café Lua Jamaica Blue Mountain, elaborado cun dos mellores cafés do mundo. O seu sabor é intenso, profundo e envolvente, resultado da harmonía perfecta entre o augardente de Galicia e o café de Xamaica.
Exposición de acuarelas, fotografías e máscaras ata o 9 de marzo
Durante os días de celebración do Entroido na provincia, tódolos visitantes á adega poderán coñecer de preto “Senlleiro e ancestral: as caras do Entroido ourensán”, do pintor José Manuel Sánchez. Formada por 22 acuarelas, a exposición contribúe a difundir a enorme riqueza e patrimonio ancestral, coma Pantallas de Xinzo, Cigarrón de Verín, Peliqueiro de Laza ou Boteiro de Viana, entre outros.
Ademais, o percorrido incluirá a Exposición Fotográfica do blogger e fotógrafo de viaxes Víctor Gómez, que reflexa nas súas imaxes a diversión e cor propias destas festas.
Coma non podía ser doutro xeito, as Máscaras tradicionais do Entroido tamén terán o seu protagonismo na actividade ao longo do percorrido.
Un último consello: vir con disfraz á adega podería ter premio, así que, aproveita a túa oportunidade para gozar do Entroido máis divertido con Viña Costeira!